Jenaro Marinhas del Valle foi dos fundadores das Mocidades Galeguistas, das que foi primeiro presidente, militante do Partido Galeguista, tomou parte activa na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Dos anos da preguerra data o seu primeiro texto teatral, que fora entregado a Ánxel Casal e que se perde co asasinato do editor. Da mesma altura son os seus primeiros contributos xornalísticos no xornal A Nosa Terra e as súas primeiras poesías en Vida Gallega. Novelista e poeta a súa obra está centrada principalmente na produción dramática, a súa obra teatral chega a acadar os 50 títulos, e en textos teóricos á volta do feito escénico. Participou na creación de Galaxia e da revista Grial. Jenaro Marinhas afirmaría sempre o carácter universal e lusófono do galego, a súa defensa da unidade lingüística galego-portuguesa levouno a un afastamento dentro do mundo cultural.
No número 17 da praza de Pontevedra atopamos unha placa dedicada á súa memoria.
Ver mapa máis grande