Nado en 1888, Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, o escritor galego máis prolífico e plural, membro do denominado Grupo ou Xeración Nós. En 1920 foi un dos fundadores da revista “Nós”. Publicou en Nós un anaco da novela “Ulises” de James Joyce, a primeira tradución realizada ás linguas peninsulares. Colabora en diferentes xornais e revistas e desenvolve unha intensa actividade na sección de Xeografía e Historia do Seminario de Estudos Galegos. A súa primeira obra narrativa foi a novela curta Pantelas, home libre (1925), á que seguirán Os camiños da vida e Arredor de sí.
Un IES da cidade leva o seu nome.
Ver mapa máis grande