Francisco Vales Villamarín nace en Betanzos en 1891. Mestre e historiador, fundou a Irmandade da Fala de Betanzos, que presidiu durante anos. En 1926, creou o Museo Pedagóxico Rexional da Coruña, do que foi secretario e bibliotecario. Cronista oficial da cidade de Betanzos onde funda e dirixe o Anuario Brigantino, publicación que desde 1948 recolle anualmente artigos de historia, etnografía, antropoloxía, belas artes…
En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo e foi membro e Secretario perpetuo da Real Academia Galega e numerario da Real Academia de Belas Artes. Faleceu na súa cidade natal despois de ter escrito decenas de traballos de investigación entre os que destacan os dedicados á historia da comarca brigantina.
Ver mapa máis grande