Francisco Tettamancy

Francisco TettamancyFrancisco Tettamancy Gastón foi un escritor nado na Coruña o 10 de outubro de 1854. Participou  nos célebres faladoiros da Cova Céltica e forma parte da redacción do xornal rexionalista coruñés Revista Gallega que dirixía Galo Salinas. Foi un destacado impulsor do monumento “Aos Mártires da Libertade” que se ergueu en Carral. En 1904 constituíu, con outros 42 socios, a Asociación da Prensa da Coruña, e foi membro fundador e numerario da Real Academia Galega.
É autor de varias monografías moi ben documentadas relativas á historia de Galiza, todas elas obras referenciais aínda hoxe, como é o caso de La revolución gallega de 1846.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies