Pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro, foi colaborador das revistas Casa de América e Alfar, da que foi director artístico. Con só vinte anos tiña ao seu cargo a Librería de Arte na coruñesa Rúa Real, lugar de cita dos intelectuais e políticos republicanos e galeguistas. En contacto coas vangardas europeas e americanas, residirá por espazo de sete anos en México e voltará a Galiza no ano 1935, instalándose coa súa muller, a escritora coruñesa Syra Alonso, e os seus tres fillos, na localidade de Santa Cruz de Oleiros.
Mais o fascismo poñeríalle fin á vida dun intelectual autodidacta. En agosto de 1936, foi detido e apareceu salvaxemente torturado e mutilado na parroquia carballesa de Bértoa. A brutalidade e a saña que rodearon o caso de Francisco Miguel convérteno nun símbolo particular da Galiza Mártir.
Ver mapa máis grande