Poeta e xornalista precursor do Rexurdimento. Membro da Academia Literaria de Santiago, deu a coñecer en El idólatra de Galicia, portavoz desa institución, diferentes artigos e poemas, entre os que destaca a égloga “Recordos de infancia”, considerada a súa mellor composición. En 1861, participa nos primeiros Xogos Florais realizados na Coruña en 1861 co poema “A Galicia”, única composición en galego premiada no certame. Foi Añón dos primeiros en utilizar un motivo longamente recorrente na literatura galega do século, a idea de Galiza debruzada nun longo sono, do que ten que espertar. A loubanza do progreso e o ton anticlerical dalgún dos seus textos levaron a Curros a colocalo como protagonista da súa obra O divino sainete.