O 13 de agosto de 1882 estréase A Fonte do Xuramento de Francisco Mª de la Iglesia, a que até hai ben pouco se considera a primeira obra representada en galego. Con ela iniciábase o camiño do teatro galego culto. A Fonte do Xuramento encádrase dentro da corrente do realismo costumista. Está escrita en versos octosílabos.
Esta obra supuxo o inicio do teatro galego moderno. A obra estréase na Coruña polos afeizoados do cadro de declamación do Liceo Brigantino con moi boa acollida, o que leva a que se volva representar o 27 dese mes no mesmo lugar e o 23 de outubro no Teatro Principal da mesma cidade.