Dona Emilia naceu en 1851, na Coruña. Escritora moi prolixa, escribiu decenas de novelas, centos de contos e cerca de dous mil artigos periodísticos. Ademais, fundou e dirixiu dúas revistas, foi autora teatral e converteuse na primeira catedrática do estado español.
E en todas as facetas do seu traballo, visibilizou os problemas femininos e as inxustizas ás que se enfrontaban as mulleres. Así, en ensaios e conferencias, esixiu o acceso das súas conxéneres á educación e, dende as tribunas públicas da literatura e da prensa, alertou publicamente sobre a violencia de xénero e os asasinatos femininos (que denominou “mujericidios”).
Ver mapa máis grande