É Elvira Bao Maceiras unha pioneira na edición do libro en galego. Foi mestra no Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña e foi presidenta da Agrupación Republicana Femenina. Cando no ano 1923 as Irmandades deciden crear as Escolas de Insiño Galego pénsase en Ánxel Casal para a escola de nenos e Elvira Bao para a escola de nenas, mais a enfermidade da nai de Elvira impiden abrir esta sección da escola. Xunto ao seu home Bernardino Varela Docampo editaron o primeiro libro en galego de autor, Contos pra nenos, cun texto de autoría de Vicente Risco e ilustracións de Álvaro Cebreiro ao que deberían seguir outros libros mais problemas económicos da familia impediron seguir co proxecto.
Ver mapa máis grande