Fundador da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934. É autor dun dicionario, ao que lle dedicou toda a súa vida e que aínda hoxe é fonte principal dos dicionarios modernos da lingua galega. En 1894 publicou o seu primeiro libro de poemas, Folerpas.
Eladio Rodríguez foi bibliotecario do Circo de Artesáns, socio fundador da Asociación da Prensa da Coruña en 1904 e en 1917 participou na fundación do coro Cántigas da Terra, do que chegou a ser presidente.