Foi creada pola Asociación Veciñal de Monte Alto a principio dos anos oitenta, sendo alcalde da cidade Domingos Merino, para dar resposta ás necesidades dun barrio obreiro como é o barrio de Monte Alto. Un equipo de sociólogas fai, a finais dos anos 70, un traballo de campo para coñecer as carencias do barrio nesa materia e, froito dese traballo, a asociación veciñal solicita ao concello esa construción e asínase un convenio de xestión entre a asociación veciñal e o concello. Desde o 1 de xaneiro de 2009 forma parte da rede de escolas Infantís Municipais.
Luís Seoane, pintor, deseñador, editor, gravador, escritor e promotor cultural. Ilustrou centos de libros maioritariamente na Arxentina aínda que tamén editados en Galiza. Recoñecido sobre todo pola súa obra plástica, existe unha Fundación co seu nome na cidade, tamén escribiu poesía, narración, teatro e ensaio.