Eduardo Pondal

Eduardo PondalNado en Ponteceso en 1835, Eduardo Pondal falecía na Coruña en 1917 -está enterrado en Santo Amaro-. Cursou a carreira de Medicina, mais case non exerceu de médico. Os últimos anos da súa vida pasounos nunha casa situada en Juana de Vega. Xunto con Rosalía e Curros, é un dos máximos expoñentes do Rexurdimento. O seu primeiro poema en galego apareceu en 1862, no Álbum de la Caridad. Participou no Banquete de Conxo e na tertulia A Cova Céltica, en 1886 publicou Queixumes dos Pinos, libro que contén o poema “Os pinos”, letra do Himno Galego. Defensor do pasado céltico de Galiza, Pondal asume o papel de “bardo” da nación galega.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies