Xoana Capdevielle

Biblioteca Juana CapdevielleXoana Capdevielle San Martín, intelectual, pedagoga e arquiveira, naceu en Madrid en 1905 e o seu cadáver aparecería nunha gabia de Rábade o 18 de agosto de 1936.
Estudou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. Traballou como bibliotecaria na Facultade de Filosofía e Letras e no Ateneo de Madrid. Participou nas Primeras Jornadas Eugénicas Españolas de Genética, Eugenesia y Pedagogía Sexual, que tiveron lugar en Madrid en 1934 e contaron con intelectuais como Roberto Nóvoa Santos, Pío Baroja, Ramón J. Sender ou Hildegart. A súa conferencia versou sobre o problema do amor no ambiente universitario e nela rebateu as teorías de Nóvoa Santos e Sender, ao tempo que expuxo unha concepción do amor asentada sobre os postulados da valentía e da sinceridade, da liberdade e da consciencia.
Xoana CapdevielleCasa polo civil con Francisco Pérez Carballo, profesor universitario e político de Izquierda Republicana. Cando o seu home foi nomeado gobernador civil da Coruña o matrimonio trasladouse a vivir á Coruña.
A biblioteca Xoana Capdevielle pertence á Universidade da Coruña. Este edificio, situado no Campus de Elviña, está destinado a biblioteca e sala de estudo con case 700 postos.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies