Concepción Arenal nace en Ferrol en 1820, foi nomeada “visitadora de prisións de mulleres” en 1863, sendo a primeira muller en ocupar este posto.
De 1868 a1873 foi Inspectora de Casas de Corrección de Mulleres. Organizou en España a Cruz Vermella para os feridos das guerras carlistas.
Autora dunha ampla bibliografía que se agrupa, ao redor de tres grandes temas: as denominadas “cuestión social”, “penitenciaria” e “feminina”. Entre elas destaca A muller do porvir.
Tanto a súa vida como a súa obra estiveron sempre próximas ao ideario liberal.