CIFP Ánxel Casal

Centro Integrado Ánxel CasalNado na Coruña en 1895, Ánxel Casal participa nas Irmandades da Fala desde a súa fundación e é un dos asinantes do Manifesto de Lugo, o manifesto fundacional do nacionalismo galego. Foi un dos protagonistas do proxecto de Escolas do Insiño Galego, iniciativa da que foi un dos primeiros socios protectores e da que se faría cargo en 1924. Inxente foi o seu traballo editorial: creou a editorial Lar xunto con Leandro Carré Alvarellos e funda a editorial Nós. O gran contributo de Ánxel Casal á Galiza do século XX estivo no campo da industria cultural, na idea de creación dunha estrutura editorial estable que tivese o galego como vehículo de comunicación. Foi Casal quen editou a Otero, Risco, Castelao, Cunqueiro, Manoel Antonio, Ramón Villar Ponte, Cabanillas, Blanco Amor…
O Centro Integrado de FP de Monte Alto leva o seu nome.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies