Centro de Educación Especial María Mariño

Centro Educación Especial María MariñoMaría Mariño Carou, con escasa obra, foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36. En 1963, na editorial Celta de Lugo, publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo e teremos que esperar até 1990 para ver publicado Verba que comenza, con poemas escritos nos últimos meses de vida. Á métrica tradicional do primeiro poemario sucederalle o verso libre e sempre cunha temática de intimismo radical e linguaxe rupturista.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2007.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies