CEIP Emilia Pardo Bazán

CEIP Emilia Pardo BazánO CEIP Emilia Pardo Bazán comezou a súa andaina no curso escolar 1979/80 segundo a Orde do 20 de decembro de 1979. Nestes máis de 40 anos pasou de ser coñecido como o colexio de Labañou á denominación actual, pasando por tres diferentes etapas de escolarización. Na primeira década de existencia estivo formado por alumnado do barrio de Labañou e o procedente doutras barriadas da cidade que utilizaban transporte escolar. Na segunda contou con alumnado do propio barrio pertencente basicamente ás vivendas dos Grupos María Pita e Pardo Santalla, do edificio Herradura e as torres da rúa Espiga e do Portiño. Na terceira década produciuse a grande expansión do colexio coa construción do Polígono de Los Rosales, chegando a duplicarse a matrícula do centro pasando de 300 a máis de 600.


Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies