A primeira proposta para a construción deste centro de ensino infantil e primaria foi realizada polo arquitecto municipal Pedro Mariño, aínda que non se puido levar a cabo o seu proxecto orixinal por falta de medios. Comeza a funcionar no tempo da II República e ao comezo da guerra civil, convértese nun hospital militar. No curso 1942/43 de novo recupérase para o ensino.
Concepción Arenal, estivo moi vinculada a cidade da Coruña pola súa amizade con Xoana de Vega que opiou economicamente moitos dos seus proxectos. En 1863 vén vivir á Coruña e foi nomeada “visitadora de prisións de mulleres” sendo a primeira muller en ocupar este posto.
Xunto con Xoana de Vega promove unha asociación para visitar as mulleres presas chamada “Magdalenas”. Defensora dos dereitos das persoas presas e das mulleres, reivindicou sempre a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.