Fanny Garrido

Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido, escritora e tradutora nace na Coruña en 1846. Colabora en El Correo de Madrid e na revista Galicia que dirixe Martínez Salazar. Nos seus artigos fala da problemática e das necesidades sociais e culturais da época. Da situación agrícola, as carencias de comunicación e a situación dos menores. […]

Francisco Añón

Poeta e xornalista precursor do Rexurdimento. Membro da Academia Literaria de Santiago, deu a coñecer en El idólatra de Galicia, portavoz desa institución, diferentes artigos e poemas, entre os que destaca a égloga “Recordos de infancia”, considerada a súa mellor composición. En 1861, participa nos primeiros Xogos Florais realizados na Coruña en 1861 co poema […]

Francisco Tettamancy

Francisco Tettamancy Gastón foi un escritor nado na Coruña o 10 de outubro de 1854. Participou  nos célebres faladoiros da Cova Céltica e forma parte da redacción do xornal rexionalista coruñés Revista Gallega que dirixía Galo Salinas. Foi un destacado impulsor do monumento “Aos Mártires da Libertade” que se ergueu en Carral. En 1904 constituíu, […]

Manuel Murguía

O 2 de febreiro de 1923 morre, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, Manuel Murguía. O seu labor fundamental foi a investigación histórica e a divulgación desta, así como a de difundir o ideario político de defensa de Galiza. En 1862, Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en […]

María Barbeito

María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño, nada na Coruña en 1880, foi mestra, pedagoga, escritora, tradutora, socióloga e educadora. Con destino na Escola Graduada Pública de Párvulos “Da Guarda”, centro que vai dirixir entre 1915 e 1936, puxo en marcha unha novidosa pedagoxía educativa que a converte en referencia e é a introdutora en Galiza dos […]

María Luz Morales

O 1 de xaneiro de 1898 nace na Coruña María Luz Morales Godoy. Xornalista, editora, crítica cinematográfica, pioneira do periodismo cultural. Foi a primeira muller que dirixiu un xornal no Estado español, “La Vanguardia”. En Barcelona é a representante da Asociación de Escritores Galegos e participa activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía […]

Francisco Miguel

Pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro, foi colaborador das revistas Casa de América e Alfar, da que foi director artístico. Con só vinte anos tiña ao seu cargo a Librería de Arte na coruñesa Rúa Real, lugar de cita dos intelectuais e políticos republicanos e galeguistas. En contacto coas vangardas europeas e americanas, residirá […]

José Luis Bugallal Marchesi

Nado na Coruña en 1899, foi xornalista e escritor. Colaborou con medios locais, como El Noroeste, El Orzán e Marineda, e tamén no ABC e na Hoja del Lunes de Madrid, pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi El Ideal Gallego. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo. En 1951 […]

Lois Peña Novo

Membro das Irmandades da Fala desde o seu inicio, elaborou o programa aprobado na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo. Foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galiza. No seu cargo fixo que a bandeira galega ondeara no Concello e con el comezou a lingua galega o seu proceso da normalización na vida […]

Francisco Vales Villamarín

Francisco Vales Villamarín nace en Betanzos en 1891. Mestre e historiador, fundou a Irmandade da Fala de Betanzos, que presidiu durante anos. En 1926, creou o Museo Pedagóxico Rexional da Coruña, do que foi secretario e bibliotecario. Cronista oficial da cidade de Betanzos onde funda e dirixe o Anuario Brigantino, publicación que desde 1948 recolle […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies