Sofía Casanova

Naceu en Almeiras (Culleredo) en 1961 e faleceu en Poznań (Polonia) en 1958. Foi periodista, poeta e novelista, a  primeira española correspondente nun país estranxeiro e correspondente de guerra. O feito de andar por toda Europa permítelle vivir acontecementos como a Primeira e Segunda Guerra Mundial, a loita das sufraxistas en Inglaterra ou formación del […]

Torrente Ballester

Naceu en Serantes (Ferrol) en 1910 e faleceu en Salamanca en 1999. Profesor e recoñecido escritor, foi galardoado co Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa. Estudou o Bacharelato na Coruña -como alumno libre- e Dereito en Oviedo, así como Historia en Compostela. Séntese influído pola narrativa […]

Sebastián Martínez Risco

Maxistrado. A súa produción literaria componse de obras de poesía, teatro, romance e ensaio, sendo este último o xénero maioritario dentro da súa creación. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folclórica Aturuxo, e dirixiu a Coral polifónica El Eco. Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu entre 1960 e 1977. Durante a […]

Álvaro Cebreiro

Nado na Coruña en 1903, debuxante, ilustrador e caricaturista. No ano 1922 asina xunto ao poeta Manoel Antonio o manifesto ¡Máis alá! Neste texto poeta e debuxante únense na busca de novos camiños afirmando o seu compromiso coa lingua galega e coa vangarda artística e cultural da época. Artista precoz, xa en 1919 comeza a colaborar, […]

Andrés Martínez Salazar

Historiador, investigador e editor fundamental do noso Rexurdimento. Director do Arquivo Histórico de Galiza na Coruña desde 1872. En 1884 adquire unha libraría na rúa Rego de Auga, na que habilita unha sala de lectura á que acoden numerosos literatos. Ao ano seguinte comeza o seu labor editorial, a Biblioteca Gallega, que inicia as súas […]

Domingo García Sabell

Médico, escritor, político, académico e presidente da Real Academia Galega entre 1977 e 1997. Autor de máis dun centenar de traballos e artigos relacionados coa medicina e a literatura. Interesouse pola antropoloxía cultural, especialmente en temas como a saudade, o erotismo e a morte. Ademais, traduciu para o galego a Martin Heidegger e a James […]

Poeta Trillo Figueroa

Foi un poeta culteranista -seguidor de Góngora- e historiador que descendía dunha familia de fidalgos dedicada á administración e ao exercicio das armas. Francisco de Trillo e Figueroa naceu en 1618, no Castelo de San Martiño de Padilla, en Ares (A Coruña), e faleceu en Granada en 1680. Tras o traslado da súa familia a […]

Francisco Añón

Poeta e xornalista precursor do Rexurdimento. Membro da Academia Literaria de Santiago, deu a coñecer en El idólatra de Galicia, portavoz desa institución, diferentes artigos e poemas, entre os que destaca a égloga “Recordos de infancia”, considerada a súa mellor composición. En 1861, participa nos primeiros Xogos Florais realizados na Coruña en 1861 co poema […]

Francisco Tettamancy

Francisco Tettamancy Gastón foi un escritor nado na Coruña o 10 de outubro de 1854. Participou  nos célebres faladoiros da Cova Céltica e forma parte da redacción do xornal rexionalista coruñés Revista Gallega que dirixía Galo Salinas. Foi un destacado impulsor do monumento “Aos Mártires da Libertade” que se ergueu en Carral. En 1904 constituíu, […]

Manuel Murguía

O 2 de febreiro de 1923 morre, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, Manuel Murguía. O seu labor fundamental foi a investigación histórica e a divulgación desta, así como a de difundir o ideario político de defensa de Galiza. En 1862, Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies