Manuel María
Nado en Outeiro de Rei, Manuel María foi poeta, articulista e autor de textos dramáticos e narrativos. Aos 19 anos publica o seu primeiro libro Muiñeiro de brétemas, converténdose moi axiña na voz poética máis representativa da Xeración dos 50 e nunha das personalidades máis destacadas da cultura galega do pasado século. Na súa obra […]
Residencia universitaria Elvira Bao
É Elvira Bao Maceiras unha pioneira na edición do libro en galego. Foi mestra no Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña e foi presidenta da Agrupación Republicana Femenina . Cando no ano 1923 as Irmandades deciden crear as Escolas de […]
CIFP Ánxel Casal
Nado na Coruña en 1895, Ánxel Casal participa nas Irmandades da Fala desde a súa fundación e é un dos asinantes do Manifesto de Lugo, o manifesto fundacional do nacionalismo galego. Foi un dos protagonistas do proxecto de Escolas do Insiño Galego, iniciativa da que foi un dos primeiros socios protectores e da que se […]
IES Ramón Otero Pedrayo
Nado en 1888, Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, o escritor galego máis prolífico e plural, membro do denominado Grupo ou Xeración Nós. En 1920 foi un dos fundadores da revista “Nós”. Publicou en Nós un anaco da novela “Ulises” de James Joyce, a primeira tradución realizada ás linguas peninsulares. Colabora en diferentes xornais e revistas e desenvolve unha […]
Centro de Educación Especial María Mariño
María Mariño Carou, con escasa obra, foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36. En 1963, na editorial Celta de Lugo, publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo e teremos que esperar até 1990 para ver publicado Verba que comenza, con poemas escritos nos últimos […]
Elvira Bao Maceiras
É Elvira Bao Maceiras unha pioneira na edición do libro en galego. Foi mestra no Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña e foi presidenta da Agrupación Republicana Femenina. Cando no ano 1923 as Irmandades deciden crear as Escolas de Insiño […]