Residencia Literaria 1863
Un proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño situado no 1º andar dunha casa da rúa Rego de Auga, no número 46, construída en 1863 (o ano no que Rosalía publicou Cantares gallegos) A Residencia Literaria 1863 é un espazo pioneiro que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega. […]
Residencia universitaria Elvira Bao
É Elvira Bao Maceiras unha pioneira na edición do libro en galego. Foi mestra no Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña e foi presidenta da Agrupación Republicana Femenina . Cando no ano 1923 as Irmandades deciden crear as Escolas de […]
CIFP Ánxel Casal
Nado na Coruña en 1895, Ánxel Casal participa nas Irmandades da Fala desde a súa fundación e é un dos asinantes do Manifesto de Lugo, o manifesto fundacional do nacionalismo galego. Foi un dos protagonistas do proxecto de Escolas do Insiño Galego, iniciativa da que foi un dos primeiros socios protectores e da que se […]
Xoana Capdevielle
Xoana Capdevielle San Martín, intelectual, pedagoga e arquiveira, naceu en Madrid en 1905 e o seu cadáver aparecería nunha gabia de Rábade o 18 de agosto de 1936. Estudou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. Traballou como bibliotecaria na Facultade de Filosofía e Letras e […]
IES Ramón Otero Pedrayo
Nado en 1888, Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, o escritor galego máis prolífico e plural, membro do denominado Grupo ou Xeración Nós. En 1920 foi un dos fundadores da revista “Nós”. Publicou en Nós un anaco da novela “Ulises” de James Joyce, a primeira tradución realizada ás linguas peninsulares. Colabora en diferentes xornais e revistas e desenvolve unha […]
Centro de Educación Especial María Mariño
María Mariño Carou, con escasa obra, foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36. En 1963, na editorial Celta de Lugo, publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo e teremos que esperar até 1990 para ver publicado Verba que comenza, con poemas escritos nos últimos […]
Elvira Bao Maceiras
É Elvira Bao Maceiras unha pioneira na edición do libro en galego. Foi mestra no Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña e foi presidenta da Agrupación Republicana Femenina. Cando no ano 1923 as Irmandades deciden crear as Escolas de Insiño […]
Biblioteca do Consulado
A Biblioteca do Consulado, é unha institución cultural de carácter ilustrado. Pertence á Fundación cultural privada máis antiga do Estado español, inscrita o 31 de xaneiro de 1807 no Protectorado de Fundacións Culturais. Foi a primeira biblioteca pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do “Real Consulado de Mar e Terra” en […]
Biblioteca Provincial
Os fondos da Biblioteca Provincial nacen cara 1845, case de xeito coetáneo á propia división administrativa das Deputacións. Os volumes proviñan principalmente dos procesos desamortizadores que viñan acontecendo na primeira metade do século XIX, neste caso fundamentalmente dos conventos coruñeses de San Agostiño, San Francisco e Santo Domingo. Ver mapa máis grande
Biblioteca Miguel González Garcés
A historia da actual biblioteca xestionada pola Xunta de Galicia na Coruña pódese rastrexar até as últimas décadas do século XIX na biblioteca do Instituto Da Guarda da praza de Pontevedra inaugurado no ano 1890. Debido ás continuas necesidades de espazos foi trasladada ao edificio dunha nova Casa da Cultura, xunto co Arquivo (hoxe do […]