Juan Naya

Nado na Coruña en 1914, xornalista e historiador. Foi cronista oficial da cidade da Coruña, arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, e secretario xeral da Real Academia Galega de Belas Artes. A súa nai foi costureira das fillas de Rosalía de Castro e Juan Naya foi un home autodidacta que aprendeu de todos aqueles persoeiros que […]

Camilo José Cela

Naceu en Iria Flavia (Padrón) en 1916. Autor dunha obra abundante -novelista, ensaísta, periodista, editor de revistas literarias, conferenciante-, é representante da literatura de posguerra. Académico da Real Academia Española, foi galadoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1987, o Premio Nobel de Literatura en 1989 e o Premio Cervantes en 1995. Para […]

José Cornide

Nado na Coruña en 1734, José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista, membro destacado do movemento ilustrado. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da “Sociedade Económica de Santiago”, fundador da “Academia de Agricultura del Reino de Galicia” e secretario da “Real Academia da Historia”. Realizou numerosos estudos sobre historia, xeografía […]

Carlos Martínez Barbeito

Nado na Coruña en 1913 foi un escritor en lingua castelá. Neto do historiador Andrés Martínez Salazar e fillo da pedagoga e escritora María Barbeito. Novelista, foi  finalista no Premio Nadal en dúas ocasións con El bosque de Ancines e Las pasiones artificiales, mais a súa maior produción é en obra ensaística, sobre historia, xeografía […]

Aurelio Aguirre

O 23 de abril de 1833  nace en Santiago de Compostela o poeta Aurelio Aguirre. Home comprometido co país e coas clases desfavorecidas, participou como miliciano no levantamento de 1854 e foi un dos asistentes ao Banquete de Conxo. Mantivo amizade con Eduardo Pondal, Manuel Murguía e Rosalía de Castro. Colaborou na “Revista Galaica” e […]

Ramón Menéndez Pidal

Naceu na Coruña -ao lado da Colexiata de Santa María do Campo, onde foi bautizado- en 1869. Filólogo -creador da escola filolóxica española- , medievalista, historiador e folclorista. Membro erudito da Xeración do 98. Catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Madrid desde 1899 ata a xubilación, en 1939. Foi director da Real Academia Española […]

CIFP Ánxel Casal

Nado na Coruña en 1895, Ánxel Casal participa nas Irmandades da Fala desde a súa fundación e é un dos asinantes do Manifesto de Lugo, o manifesto fundacional do nacionalismo galego. Foi un dos protagonistas do proxecto de Escolas do Insiño Galego, iniciativa da que foi un dos primeiros socios protectores e da que se […]

Xoana Capdevielle

Xoana Capdevielle San Martín, intelectual, pedagoga e arquiveira, naceu en Madrid en 1905 e o seu cadáver aparecería nunha gabia de Rábade o 18 de agosto de 1936. Estudou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. Traballou como bibliotecaria na Facultade de Filosofía e Letras e […]

Lesta Meis

En marzo de 1887 nace en Eirís de Arriba no Concello de Oza, hoxe Concello da Coruña, Xosé Francisco Lesta Meis, escritor e xornalista. Emigra a Cuba onde de xeito autodidacta mellora a súa formación e dedícase ao xornalismo. Mantén en “Eco de Galicia” a sección “De mi Tierra” entre 1925 e 1930 e colabora no […]

IES Ramón Otero Pedrayo

Nado en 1888, Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo, o escritor galego máis prolífico e plural, membro do denominado Grupo ou Xeración Nós. En 1920 foi un dos fundadores da revista “Nós”. Publicou en Nós un anaco da novela “Ulises” de James Joyce, a primeira tradución realizada ás linguas peninsulares. Colabora en diferentes xornais e revistas e desenvolve unha […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies