Francisca Herrera
Nace na Coruña, no número 1 da rúa do Príncipe en 1869. Para a casa do lado viría a vivir dous anos despois Rosalía de Castro, pola que ela sempre tivo grande admiración. Nace Francisca Herrera no seo dunha familia da alta burguesía coruñesa, educada nos principios tradicionais e nunha viva fe relixiosa. Recibiu unha […]
María Luisa Durán Marquina
María Luisa Durán Marquina foi actriz do elenco da Irmandade da Fala coruñesa. Fundou e dirixiu algúns grupos teatrais de afeccionados de onde sairían actores que posteriormente alcanzarían grande sona nos escenarios. Durante 22 anos foi Catedrática de Declamación do Conservatorio Profesional de música e Declamación da Coruña, exercendo, tamén de Secretaria. Cunha grande vocación […]
Alejandro Barreiro Noya
Alejandro Barreiro Noya, nado en Compostela e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. Foi dos fundadores da Asociación […]
EIM Luís Seoane
Foi creada pola Asociación Veciñal de Monte Alto a principio dos anos oitenta, sendo alcalde da cidade Domingos Merino, para dar resposta ás necesidades dun barrio obreiro como é o barrio de Monte Alto. Un equipo de sociólogas fai, a finais dos anos 70, un traballo de campo para coñecer as carencias do barrio nesa […]
CPR Tomás Barros
O Centro privado de Formación Profesional Tomás Barros foi fundado no ano 2000. Debe o seu nome a Tomás Barros Pardo (1922-1986), pintor e escritor, membro correspondente da Real Academia Galega. Tomás Barros foi un dos intelectuais antifranquistas galegos que sufriu o exilio interior. Ver mapa máis grande
IES Ramón Menéndez Pidal
Tamén coñecido como Instituto de Zalaeta, o IES Ramón Menéndez Pidal estableceuse nun lugar histórico que no seu día ocupou o Hospital de Caridade. A xesta máis significativa do Hospital foi a súa participación na Expedición Balmis que saíu do porto da Coruña o 3 de novembro de 1803 como portadora da vacina da varíola […]
CEIP Curros Enríquez
Cando se decide dar o nome dun escritor/a a un centro de ensino é un xeito de homenaxe, mais neste caso podemos dicir que a historia comeza ao revés. O 20 de maio de 1908 constituíuse en Bos Aires a Comisión Curros Enríquez co obxectivo de arrecadar fondos para levantar as escolas que levarían o […]
CEIP Concepción Arenal
A primeira proposta para a construción deste centro de ensino infantil e primaria foi realizada polo arquitecto municipal Pedro Mariño, aínda que non se puido levar a cabo o seu proxecto orixinal por falta de medios. Comeza a funcionar no tempo da II República e ao comezo da guerra civil, convértese nun hospital militar. No […]
Alfredo Vicenti
Médico de formación, aínda que nunca exerceu, foi poeta, xornalista e político. Redactor xefe de El Diario de Santiago e máis tarde director deste xornal, que logo pasou a chamarse Gaceta de Galicia. Anticlerical, republicano e federalista, foi candidato republicano-agrario e deputado en Cortes en varias lexislaturas. En 1880 foi excomungado polo cardeal compostelá e […]
Pilar Pallarés
Como se unha única sílaba furtada do silencio xustificase a vida e mantivese a roda do tempo no seu eixo Así consta no monólito que lembra a homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle rendeu en 2019. Nacida na Ermida (Culleredo), exerceu a súa profesión docente nos IES Eusebio da Garda e Menéndez […]