Álvaro Paradela “Amaro Orzán”

Nado na Coruña en 1911, cursou estudos de Medicina en Santiago. Exerceu a súa profesión na Coruña, en Teixeiro (Curtis) e en Narón. Nos seus anos de universitario tivo contactos co anarquismo, afiliouse á CNT e foi o secretario do Sindicato de Sanidad de Santiago. Na súa mocidade foi profesor de Educación Física, e desde […]

Mariano Tudela

Mariano Rodríguez Tudela, coñecido como Mariano Tudela, nado na Coruña en 1925, foi escritor e xornalista. Comezou en 1948 publicando os contos de La linterna mágica. Publicou en 1951 a primeira novela, El torerillo de invierno. Con La bella Otero, en 1957 iniciou unha longa serie de biografías noveladas de figuras como Ramón del Valle […]

Luz Pozo Garza

En 1922 nace en Ribadeo a escritora, crítica literaria e profesora Luz Pozo Garza. Pertencente á chamada Promoción de Enlace, é unha das poetas máis destacadas da segunda metade do século XX. O seu poemario Códice Calixtino (1986) é unha das súas obras máis recoñecidas. Tras estudar literatura na Universidade de Oviedo tivo unha longa vida docente […]

Francisca Herrera

Nace na Coruña, no número 1 da rúa do Príncipe en 1869. Para a casa do lado viría a vivir dous anos despois Rosalía de Castro, pola que ela sempre tivo grande admiración. Nace Francisca Herrera no seo dunha familia da alta burguesía coruñesa, educada nos principios tradicionais e nunha viva fe relixiosa. Recibiu unha […]

María Luisa Durán Marquina

María Luisa Durán Marquina foi actriz do elenco da Irmandade da Fala coruñesa. Fundou e dirixiu algúns grupos teatrais de afeccionados de onde sairían actores que posteriormente alcanzarían grande sona nos escenarios. Durante 22 anos foi Catedrática de Declamación do Conservatorio Profesional de música e Declamación da Coruña, exercendo, tamén de Secretaria. Cunha grande vocación […]

Alejandro Barreiro Noya

Alejandro Barreiro Noya, nado en Compostela e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. Foi dos fundadores da Asociación […]

EIM Luís Seoane

Foi creada pola Asociación Veciñal de Monte Alto a principio dos anos oitenta, sendo alcalde da cidade Domingos Merino, para dar resposta ás necesidades dun barrio obreiro como é o barrio de Monte Alto. Un equipo de sociólogas fai, a finais dos anos 70, un traballo de campo para coñecer as carencias do barrio nesa […]

CPR Tomás Barros

O Centro privado de Formación Profesional Tomás Barros foi fundado no ano 2000. Debe o seu nome a Tomás Barros Pardo (1922-1986), pintor e escritor, membro correspondente da Real Academia Galega. Tomás Barros foi un dos intelectuais antifranquistas galegos que sufriu o exilio interior.     Ver mapa máis grande

IES Ramón Menéndez Pidal

Tamén coñecido como Instituto de Zalaeta, o IES Ramón Menéndez Pidal estableceuse nun lugar histórico que no seu día ocupou o Hospital de Caridade. A xesta máis significativa do Hospital foi a súa participación na Expedición Balmis que saíu do porto da Coruña o 3 de novembro de 1803 como portadora da vacina da varíola […]

CEIP Curros Enríquez

Cando se decide dar o nome dun escritor/a a un centro de ensino é un xeito de homenaxe, mais neste caso podemos dicir que a historia comeza ao revés. O 20 de maio de 1908 constituíuse en Bos Aires a Comisión Curros Enríquez co obxectivo de arrecadar fondos para levantar as escolas que levarían o […]