Bibliotecas nos xardíns

A biblioteca ao aire libre Concepción Arenal estivo instalada na carreira traseira do monumento á escritora nos Xardíns de Méndez Núñez. Cun proxecto do arquitecto municipal, Pedro Mariño, de características modernistas e clasicistas esta pequena arquitectura, entre monumento e expositor de libros, contaba con chave e espazo para un centenar de libros. Inaugurouse en agosto […]

Biblioteca do Circo de Artesáns

Unha entidade senlleira da cidade que desde a súa creación, en 1847, conta cunha espazo bibliotecario. A historia vese atesourada nas súas baldas entre o arquivo propio e as numerosas primeiras edicións en distintos idiomas que gardan. Foron aquí bibliotecarios personaxes senlleiros da cultura galega: Antón Vilar Ponte, Eladio Rodríguez, Ángel del Castillo…     […]

Biblioteca Germinal

Nace a biblioteca Germinal co século XX, vinculada a unha sociedade anarquista, e as súas ansias de melloras sociais e laborais. Constituída en xullo de 1903,  chegou a atesourar oito mil volumes entre os que se privilexiaban as temáticas de carácter práctico e filosófico dentro dun forte espírito sindicalista. Se ben a súa sede inicial […]

Xoana Capdevielle

Xoana Capdevielle San Martín, intelectual, pedagoga e arquiveira, naceu en Madrid en 1905 e o seu cadáver aparecería nunha gabia de Rábade o 18 de agosto de 1936. Estudou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. Traballou como bibliotecaria na Facultade de Filosofía e Letras e […]

Biblioteca do Consulado

A Biblioteca do Consulado, é unha institución cultural de carácter ilustrado. Pertence á Fundación cultural privada máis antiga do Estado español, inscrita o 31 de xaneiro de 1807 no Protectorado de Fundacións Culturais. Foi a primeira biblioteca pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do “Real Consulado de Mar e Terra” en […]

Biblioteca Provincial

Os fondos da Biblioteca Provincial nacen cara 1845, case de xeito coetáneo á  propia división administrativa das Deputacións. Os volumes proviñan principalmente dos procesos desamortizadores que viñan acontecendo na primeira metade do século XIX, neste caso fundamentalmente dos conventos coruñeses de San Agostiño, San Francisco e Santo Domingo.   Ver mapa máis grande

Biblioteca Miguel González Garcés

A historia da actual biblioteca xestionada pola Xunta de Galicia na Coruña pódese rastrexar até as últimas décadas do século XIX na biblioteca do Instituto Da Guarda da praza de Pontevedra inaugurado no ano 1890. Debido ás continuas necesidades de espazos foi trasladada ao edificio dunha nova Casa da Cultura, xunto co Arquivo (hoxe do […]

Biblioteca Estudos Locais

A rede de bibliotecas municipais da Coruña conta con distintos espazos espallados por todos os barrios da cidade. A Biblioteca de Estudos Locais é herdeira das primeiras iniciativas do consistorio para universalizar o acceso á lectura. Hoxe a Biblioteca de Estudos Locais ocúpase de atesourar volumes impresos que teñen relación con temática herculina.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies