A biblioteca ao aire libre Concepción Arenal estivo instalada na carreira traseira do monumento á escritora nos Xardíns de Méndez Núñez. Cun proxecto do arquitecto municipal, Pedro Mariño, de características modernistas e clasicistas esta pequena arquitectura, entre monumento e expositor de libros, contaba con chave e espazo para un centenar de libros. Inaugurouse en agosto de 1924.
Da biblioteca infantil ao aire libre quédanos unha bancada que estaba acompañada do seu letreiro e un templete expositor con libros seleccionados para público miúdo. Foi inaugurada en 1927.
A biblioteca Atalaya formaba parte do tipo de edificios versátiles destinados ao lecer nos xardíns. A principios dos anos trinta este proxecto modernista, asinado por Antonio Tenreiro, vén a ampliar os espazos ao aire libre dedicados á lectura nos xardín. Foi chamada Biblioteca Popular e biblioteca Menéndez Pidal.