Os fondos da Biblioteca Provincial nacen cara 1845, case de xeito coetáneo á propia división administrativa das Deputacións. Os volumes proviñan principalmente dos procesos desamortizadores que viñan acontecendo na primeira metade do século XIX, neste caso fundamentalmente dos conventos coruñeses de San Agostiño, San Francisco e Santo Domingo.