A historia da actual biblioteca xestionada pola Xunta de Galicia na Coruña pódese rastrexar até as últimas décadas do século XIX na biblioteca do Instituto Da Guarda da praza de Pontevedra inaugurado no ano 1890. Debido ás continuas necesidades de espazos foi trasladada ao edificio dunha nova Casa da Cultura, xunto co Arquivo (hoxe do Reino de Galicia), no xardín de San Carlos o ano 1955. Entre 1942 e 1986 exerceu como director Miguel González Garcés, de quen a biblioteca toma o nome cando se traslada no ano 1995 a súa ubicación definitiva no barrio de Elviña.