A rede de bibliotecas municipais da Coruña conta con distintos espazos espallados por todos os barrios da cidade. A Biblioteca de Estudos Locais é herdeira das primeiras iniciativas do consistorio para universalizar o acceso á lectura.
Hoxe a Biblioteca de Estudos Locais ocúpase de atesourar volumes impresos que teñen relación con temática herculina.