A Biblioteca do Consulado, é unha institución cultural de carácter ilustrado. Pertence á Fundación cultural privada máis antiga do Estado español, inscrita o 31 de xaneiro de 1807 no Protectorado de Fundacións Culturais. Foi a primeira biblioteca pública en establecerse na cidade da Coruña baixo o amparo do “Real Consulado de Mar e Terra” en 1803 e aberta ao público en 1806.