Logo Coruña Literaria

Luz Pozo Garza

En 1922 nace en Ribadeo a escritora, crítica literaria e profesora Luz Pozo Garza. Pertencente á chamada Promoción de Enlace, é unha das poetas máis destacadas da segunda metade do século XX. O seu poemario Códice Calixtino (1986) é unha das súas obras máis recoñecidas. Tras estudar literatura na Universidade de Oviedo tivo unha longa vida docente […]

Roteiro O Cemiterio de Santo Amaro

Cemiterio Santo Amaro

ROTEIRO CEMITERIO DE SANTO AMARO Corría o ano 1812 cando se fai efectiva a lei que prohibía os enterramentos nas igrexas e na súa contorna. Nese mesmo ano, e segundo o proxecto de Domínguez Romay, constrúese na Coruña o cemiterio municipal de Santo Amaro. Situado entre o camiño que levaba ao Faro e o mar, […]

Roteiro Luísa Villalta

Praza do Papagaio

ROTEIRO LUÍSA VILLALTA Os roteiros imaginários (ou não) são uma versão fantasiosa dos roteiros biográficos. Exigem por parte das participantes a capacidade de se deslocar a outros lugares pois o espaço em que se desenvolvem não deixa de ser uma metáfora doutros espaços. Os roteiros imaginários (ou não) nascem da leitura atenta da obra das […]

Francisca Herrera

Nace na Coruña, no número 1 da rúa do Príncipe en 1869. Para a casa do lado viría a vivir dous anos despois Rosalía de Castro, pola que ela sempre tivo grande admiración. Nace Francisca Herrera no seo dunha familia da alta burguesía coruñesa, educada nos principios tradicionais e nunha viva fe relixiosa. Recibiu unha […]

María Luisa Durán Marquina

María Luisa Durán Marquina foi actriz do elenco da Irmandade da Fala coruñesa. Fundou e dirixiu algúns grupos teatrais de afeccionados de onde sairían actores que posteriormente alcanzarían grande sona nos escenarios. Durante 22 anos foi Catedrática de Declamación do Conservatorio Profesional de música e Declamación da Coruña, exercendo, tamén de Secretaria. Cunha grande vocación […]

Alejandro Barreiro Noya

Alejandro Barreiro Noya, nado en Compostela e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. Foi dos fundadores da Asociación […]

A Fonte do Xuramento

O 13 de agosto de 1882 estréase A Fonte do Xuramento de Francisco Mª de la Iglesia, a que até hai ben pouco se considera a primeira obra representada en galego. Con ela iniciábase o camiño do teatro galego culto. A Fonte do Xuramento encádrase dentro da corrente do realismo costumista. Está escrita en versos […]

Roteiro Rosalía de Castro

Teatro Rosalía de Castro

ROTEIRO ROSALÍA DE CASTRO Son moitas as pegadas que existen na cidade para podermos homenaxear a escritora: o teatro principal da cidade leva o seu nome, unha rúa, un colexio de infantil e primaria, unha estatua, os seus versos no Xardín de San Carlos, o seu nome nas vidreiras do Pazo Municipal… E mesmo da […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies