Logo Coruña Literaria

Antón Vilar Ponte

Antón Vilar PonteEntregado á actividade xornalística e á literatura, a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de Amigos del Idioma Gallego, que se converteu na primeira das Irmandade da Fala. Dirixiu o voceiro das Irmandades da Fala, A Nosa Terra e presidiu a Asociación da Prensa Coruñesa.
En 1919 colaborou na formación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego,que chegaría a dirixir, e para o que escribiu e traduciu diversas pezas teatrais.
En 1926 publica, xuntamente con Cabanillas, a  peza dramática titulada O Mariscal. Posteriormente a obra será musicada polo arquitecto e compositor coruñés Eduardo Rodríguez Losada, sendo Camilo Díaz Baliño e Castelao os encargados da escenografía. Estréase en 1929, sendo a nosa primeira ópera.
Desde 1920 colaborou na revista Nós. É o autor de Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional.

Ver mapa máis grande

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies