Historiador, investigador e editor fundamental do noso Rexurdimento.
Director do Arquivo Histórico de Galiza na Coruña desde 1872.
En 1884 adquire unha libraría na rúa Rego de Auga, na que habilita unha sala de lectura á que acoden numerosos literatos. Ao ano seguinte comeza o seu labor editorial, a Biblioteca Gallega, que inicia as súas publicacións con Los Precursores de M. Murguía, e até o ano 1903 publicará máis de 52 obras fundamentais.
En 1889 foi nomeado polo Concello da Coruña primeiro cronista oficial da cidade.