Álvaro Paradela “Amaro Orzán”

Álvaro ParadelaNado na Coruña en 1911, cursou estudos de Medicina en Santiago. Exerceu a súa profesión na Coruña, en Teixeiro (Curtis) e en Narón. Nos seus anos de universitario tivo contactos co anarquismo, afiliouse á CNT e foi o secretario do Sindicato de Sanidad de Santiago.

Na súa mocidade foi profesor de Educación Física, e desde La Voz de Galicia, onde foi colaborador asiduo, fixo unha campaña a favor do ensino da natación. Foi durante moitos anos presidente do Club do Mar.

Ademais de crónicas xornalísticas, escribiu poesía e tamén varios libros de relatos curtos, que el mesmo editaba Sabencias, Irmaus tolos, con numerosas escenas da vida rural de Galiza.

Obtivo diversos premios literarios, entre eles o Pérez Lugín de Xornalismo, o da asociación cultural O Facho e o Fernández Latorre de Xornalismo.

Dise que foi o creador do topónimo “Ferrolterra” e delimitou o seu territorio.

Este médico humanista usou o pseudónimo de Amaro Orzán.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies