Creador dun universo fantástico de seu e un estilo único e inconfundíbel, escribiu narrativa, poesía e teatro. É un dos grandes escritores do século XX.
Foi tamén un xornalista prolífico, con innumerábeis artigos, reportaxes, guións radiofónicos nos que mestura o ensaio, a crónica de viaxes e a crítica literaria.
Cultivou ademais, a literatura gastronómica.
O epitafio do mindoniense reclama mil primaveras máis para a lingua galega.