Nado na Coruña en 1903, debuxante, ilustrador e caricaturista. No ano 1922 asina xunto ao poeta Manoel Antonio o manifesto ¡Máis alá! Neste texto poeta e debuxante únense na busca de novos camiños afirmando o seu compromiso coa lingua galega e coa vangarda artística e cultural da época.
Artista precoz, xa en 1919 comeza a colaborar, facendo caricaturas, co xornal A Nosa Terra, órgano de expresión das Irmandades da Fala. Colabora na revista Mondariz, é redactor artístico de Alborada, ilustra exemplares da editorial Céltiga. É director artístico da revista Ronsel, que integrou as correntes máis vangardistas da creación literaria do momento, e colaborar habitual de Alfar.
Ver mapa máis grande