Médico de formación, aínda que nunca exerceu, foi poeta, xornalista e político.
Redactor xefe de El Diario de Santiago e máis tarde director deste xornal, que logo pasou a chamarse Gaceta de Galicia.
Anticlerical, republicano e federalista, foi candidato republicano-agrario e deputado en Cortes en varias lexislaturas.
En 1880 foi excomungado polo cardeal compostelá e marchou a Madrid. Alí substituíu a Manuel Murguía na dirección de La Ilustración Gallega y Asturiana, dirixiu El Globo e foi director de El Liberal.
A súa principal obra é Recuerdos, (1868-1875): colección de poesías.
Ver mapa máis grande