Fillo de pai andaluz e nai galega, foi periodista, escritor e cineasta. Trasladada a familia a Santiago de Compostela, Pérez Lugín estuda Dereito na súa Universidade. Tras enfermar de tifo estando en Sevilla, foi trasladado á súa casa do Burgo, en Culleredo, onde faleceu en 1926. O concello da Coruña encargouse oficialmente de organizar o seu enterro e dedicoulle unha escultura e unha rúa.
A Asociación da Prensa da Coruña convoca cada ano o Premio Alejandro Pérez Lugín.
Sen dúbida, a obra máis coñecida de Pérez Lugín é La casa de la Troya (1915), novela que recrea a vida universitaria na Universidade de Santiago de Compostela. A obra foi levada ao cinema en varias ocasións.
Ver mapa máis grande