Logo Coruña Literaria

Julio Rodríguez Yordi

Julio Rodríguez Yordi (A Coruña, 1894-1967) foi novelista, poeta, ensaísta e xornalista, autor tamén de apropósitos carnavalescos. Foi o cronista da súa época. Publicou dúas novelas, Cristal y Sonrisa, unha singularísima guía dos anos vinte da cidade, chea de lirismo e humor; e La Peña y la peña, biografía dunha xeración de escritores e artistas […]

Johán Vicente Viqueira

Filósofo, psicólogo e pedagogo, Xoán Vicente Viqueira pertenceu ás Irmandades da Fala, defendeu a galeguización do ensino, a incorporación plena da muller e todo un programa de reformas do sistema educativo. Colabora no xornal A Nosa Terra publicando artigos sobre teoría nacionalista, educación, a necesaria normalización da lingua e a reforma ortográfica, defendendo a aproximación da ortografía galega […]

Xosé Pérez Ballesteros

Xosé Pérez Ballesteros (1833-1918), finado na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un dos intelectuais máis destacados dentro do que se vén denominando na literatura como Precursores. Ensaísta, articulista, folclorista e poeta, Pérez Ballesteros foi un dos asistentes aos faladoiros da Cova Céltica. A asociación El Folklore Gallego, coa que colaboraba, publicou o […]

Jenaro Marinhas del Valle

Jenaro Marinhas del Valle foi dos fundadores das Mocidades Galeguistas, das que foi primeiro presidente, militante do Partido Galeguista, tomou parte activa na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Dos anos da preguerra data o seu primeiro texto teatral, que fora entregado a Ánxel Casal e que se perde co asasinato do editor. Da […]

Luís de Camões

Luís Vaz de Camões (1524-1580) é considerado como o maior poeta de lingua portuguesa. A súa obra máis significativa é Os Lusíadas, considerada a principal epopea da época moderna. Esta obra narra a historia de Vasco da Gama e dos heroes portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova […]

José Pascual López Cortón

Escritor e mecenas, nado en Cedeira, morreu na Coruña en 1878. Moi novo emigrou a Porto Rico onde fixo fortuna dedicado probablemente ao tráfico de escravos. Foi o organizador dos primeiros xogos florais de Galiza, o 2 de xullo de 1861 na Coruña, e encargou a Antonio de la Iglesia a elaboración do Álbum de […]

Revista Alfar

En 1923 nace na Coruña a revista Alfar, unha das principais revistas literarias vangardistas, onde podías achegarte ás vangardas literarias e plásticas do momento. Continuadora da Revista de Casa América-Galicia, comezou no número 32, en setembro de 1923 da man do cónsul de Uruguai na Coruña Julio José Casal, poeta e crítico, como ponte de […]

Paio Gómez

Paio Gómez Chariño, poeta e nobre galego. Nado cara a 1225, non se sabe con seguridade se en Pontevedra ou en Rianxo, morre asasinado en Ciudad Rodrigo en outono de 1295. Foi o primeiro Señor de Rianxo, Adiantado Maior do Reino de Galicia e destacado aristócrata e militar. A súa obra poética dá conta da […]

Álvaro Paradela “Amaro Orzán”

Nado na Coruña en 1911, cursou estudos de Medicina en Santiago. Exerceu a súa profesión na Coruña, en Teixeiro (Curtis) e en Narón. Nos seus anos de universitario tivo contactos co anarquismo, afiliouse á CNT e foi o secretario do Sindicato de Sanidad de Santiago. Na súa mocidade foi profesor de Educación Física, e desde […]

Mariano Tudela

Mariano Rodríguez Tudela, coñecido como Mariano Tudela, nado na Coruña en 1925, foi escritor e xornalista. Comezou en 1948 publicando os contos de La linterna mágica. Publicou en 1951 a primeira novela, El torerillo de invierno. Con La bella Otero, en 1957 iniciou unha longa serie de biografías noveladas de figuras como Ramón del Valle […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies